Friday 17 de May de 2024

Charla informativa sobre a inspección técnica de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios


A aula de formación situada nos baixos da Alameda de Ordes foi o lugar escollida para levar a cabo a charla informativa sobre a inspección técnica de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios. A ela asistiron tanto veciños e veciñas a título particular, como profesionais relacionados co sector gandeiro e agrícola. Acompañándoos a todas e todos eles estivo tamén a concelleira de Medio Rural e Medio Ambiente, Ana Soneira.
A dita inspección terá lugar o vindeiro 30 de xuño na explanada do campo de fútbol de Vista Alegre e será a empresa Nagar Servizos Ambientais a encargada de levala a cabo. Están obrigados a realizala, antes do 26 de novembro de 2016, todos os equipos en uso que teñan cinco o máis anos de antigüidade dende a súa primeira adquisición. Inclúense pulverizadores hidráulicos (equipos de barras), hidropneumáticos (atomizadores), pneumáticos (nebulizadores) e centrífugos, así como empoadores. Tamén os equipos instalados no interior de invernadoiros e outros locais cerrados, así como os de aplicación instalados en aeronaves. Exclúense os pulverizadores de mochila e de arrastre manual (carretilla) con depósito de 100 litros ou menos.
Para poder realizar a inspección é imprescindible que a máquina estea inscrita no rexistro oficial (ROMA), que esta estea limpa e en boas condicións para o seu uso, e que a árbore de transmisión estea correctamente e coas proteccións obrigatorias. Para reservar cita previa pódese contactar coa mesma empresa no teléfono 981792519. Tamén se pode facer contactando con calquera das entidades colaboradoras que aparecen na listaxe da páxina web www.nagarservicios.com/iteaf, a que se espera ver ampliada con empresas e establecementos da zona a partir do vindeiro venres.e está dirixida tanto a público xeral como a profesionais do sector. Tamén está especialmente pensada para aqueles negocios e establecementos relacionados co sector agrícola, gandeiro ou forestal.